Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Xuventude
   
NOVAS

« Atrás

Carné Xove

Carné xove

É unha tarxeta persoal e intransferible á disposición da mocidade galega. Ten distintas utilidades, descontos e vantaxes. Pódese utilizar tanto en Galicia, en España e tamén nos 40 países europeos adheridos ao programa do Carné Xove.

O novo Carné Xove enviarase de xeito gratuíto a toda a mocidade galega comprendida entre os 12 e 30 anos. Poderá ser utilizado ata que cumpras os 30 anos. Unha das novidades é que pasa a ser totalmente gratuíto e non será necesaria a súa renovación.

Onde utilizalo? Finalidade, vantaxes e descontos.

O obxectivo é facilitarlle á mocidade o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos e vantaxes en diferentes ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino,… Aquí tedes a información máis detallada.

Seguro de balde 

O carné xove tamén inclúe un seguro que cobre unha serie de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidades facer fronte aos imprevistos que poidan xurdir nas viaxes. Dende: asistencia por accidente ou enfermidades durante a viaxe, asistencia por danos á equipaxe, asistencia por retraso dos medios de transporte, asistencia por responsabilidade civil… 

Neste enlace tedes máis información sobre este apartado. 

Locais adheridos en Oleiros

  • Café La Parisina. 10% de desconto en cafés e refrescos. 15% de desconto en tartas.
  • Librería O Castelo. 5% de desconto en libros e 10% de desconto en material escolar, impresións e fotocopias.
  • Estudo Fotográfico Photoarte: 10% de desconto en produtos, servizos ou equipamentos.
  • Talus Centro de Fisioterapia: 10% de desconto en tratamentos superiores a 5 sesións.
  • 4C Centro Óptico: 20% de desconto en monturas e cristais graduados. 20% de desconto en gafas de sol.
  • Café Bar Rialto: 10% de desconto en cafés e bollería.
  • El Bistro de Tata: 10% de desconto en racións para consumir no local (non aplicable a outras promocións).
  • El Rincón de Sonia: 10% de desconto
  • Bar Samoa: 15% de desconto en consumicións.

LIGAZÓNS

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza