Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » Perfís » Veciñanza
   
NOVAS

« Atrás

Recomendacións en Radioleiros: 14 xaneiro 2022

- Infantil (a partir de 3 anos):

Cuando me siento solo, escrito e ilustrado por Trace Moroney
SM

Un libro infantil que forma parte dunha colección que presenta emocións e sentimentos, con títulos como: Cuando soy amable, Cuando estoy triste, Cuando estoy contento, Cuando estoy enfadado, Cuando tengo miedo, Cuando estoy celoso, Cuando estoy decepcionado, etc.

O protagonista é un coelliño co que as nenas e os nenos, de 3 a 6 anos, se sentirán identificados. Cunhas fermosas ilustracións, presentan exemplos sinxelos nos que ao coello lle acontecen situacións cotiás similares. Estas obras pretenden axudar aos máis pequenos a comprender mellor os seus sentimentos e as súas emocións e a xerar neles un pensamento positivo para que adquiran unha maior autonomía.

"Cuando me siento solo" dinos que sentirse así non é agradable pero que a todas as persoas lle pode pasar nalgún momento da súa vida.

Estamos ante unha colección que axuda aos máis pequenos a ter confianza en si mesmos para que saiban reaccionar ante a soidade, os fallos, as perdas, a vergonza... Cando os nenos confían en si mesmos para manexar sentimentos dolorosos como o medo, a furia ou a tristeza, ganan unha seguridade interior que lles axuda a enfrontarse ao mundo no que viven.

Ao final de cada libro, os pais, nais e educadores/as teñen una guía sobre cada sentimento, explicando como deben actuar ante estas situacións.

Recomendámolos para un publico de 3 a 6 anos, pero debemos ter en conta que todos teñen un importante compoñente pedagóxico polo que están igualmente recomendados para pais, nais e  docentes.

- Mozas/os e adultas/os:

Un amor, de Sara Mesa
Anagrama

Novela curta pero chea de tensión. Cunha trama simple fálanos de incomprensión, de soidade, de indefensión, de incomunicación, de maldade, de humillación, de intolerancia cara o estraño, do sentido de pertencer a un lugar e o rexeitamento cara os que son de fóra.

Desenvólvese nunha pequena localidade de interior chamada La Escapa á que Nat, unha moza e inexperta tradutora, acaba de trasladarse para poder  traducir con máis tranquilidade. Estaba cansada da cidade. Ela prefería ir á costa pero os prezos facíanselle caros polo que elixiu este lugar do interior máis asumible. Pero cando se instala a situación non vai ser como ela pensaba. Os problemas logo comezarán: aluga unha casa que está sucia e bastante deteriorada, ten goteiras... O caseiro comprométese a arranxalas, mais non se molesta en facelo. Dálle un can que lle causará problemas.  Ao principio os habitantes da zona  acollerán a Nat con aparente normalidade, pero no fondo laten a incomprensión e a estrañeza mutuas. Que ven facer esta moza a un lugar como este!...

A través dunha atmosfera pesada, oprimente, e cuns personaxes moi ben definidos, vemos como os habitantes da localidade non comprenden que fai esta muller alí, acóllena como unha intrusa e Nat tampouco se adapta a esa vida no rural: escoita ruídos pola noite, desconfía que o caseiro entre na casa cando ela non está...

Unha obra angustiosa, chea de silencios e equívocos, que presenta a falta de comunicación coas outras persoas do entorno o que provoca un ambiente que acabará sendo difícil de soportar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza