O portal do Concello de Oleiros foi diseñado co obxetivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada polo Concello de Oleiros está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, productos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
As páxinas deste sitio Web cumplen os requisitos de accesibilidade de prioridade 1 e 2 da Norma UNE 139803:2004 e o Nivel AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C. Para axudar na comprobación das recomendacións, utilizouse a ferramenta Pista "Accesibilidad", unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. Adicionalmente, os desenvolvedores Web validaron o html xerado polas plantillas de contido e a súa axeitación ás recomendacións dispostas para aqueles puntos que só se poden verificar dunha forma manual. Por elo os contidos da web cumpren tódolos requisitos de Prioridade 1 e Prioridade 2, coas seguintes excepcións:
A accesibilidade do sitio web, coas excepcións arriba indicadas, foi verificada por AENOR. É por elo que, con data 13/10/2011, AENOR certificou mediante a concesión do CERTIFICADO DE CONFORMIDADE SEN SEGUIMENTO EN ACCESIBILIDADE TIC PARA SITIOS WEB (Reglamento RP A90.02), conforme á Norma UNE 139803:2004 - "Requisitos de accesibilidade para contidos Web", e para o nivel AA. Con esta certificación AENOR certifica o cumplimento dos requisitos de accesibilidade a data de certificación. Esta certificación ten carácter puntual, polo que AENOR recomenda realizar verificacións periódicas que validen que o sitio web mantén o nivel de accesibilidade acadado.
O Concello de Oleiros considera a accesibilidade do seu portal como un proceso continuo de mellora no que invita a participar ao cidadán con calquera suxerencia ou notificando algún contido co que puidera ter algún problema de visualización. Para eso pode contactar a través de Contacta connosco.