Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O Goberno central segue a demorar a contratación do dragado da ría

Oleiros, 27 de xullo de 2020-. O Concello de Oleiros denuncia, unha vez máis, o engano e mentira sobre a contratación do dragado da ría. Esta actuación afecta ao fondo da ría da Pasaxe e inclúe tamén a ampliación dos paseos marítimos que unirá os concellos de Oleiros, Cambre e Culleredo.

A reunión mantida o pasado venres entre o Ministerio de Transición Ecolóxica, a Xunta de Galicia e os concellos de Cambre, A Coruña, Culleredo e Oleiros foi “unha nova tomadura de pelo”, dixo o alcalde. O Ministerio esixe agora un certificado de dispoñibilidade dos terreos para poder contratar as obras cando os concellos xa puxeron a disposición do Estado todo o solo necesario, agás aqueles terreos nos que se atopan as concesións do dominio marítimo terrestres, competencia do propio Goberno non dos concellos. Tamén é alarmante que o Ministerio pida a paralización do marisqueo, cando na zona na que se vai facer o dragado non hai marisco. 
 
“Non hai razón algunha para seguir retrasando o dragado da ría. Non se poden perder os cartos que se lograron xuntar ao longo destes tres últimos anos. Unha parte a aporta a Xunta cos fondos que ían para a depuradora de Santiago de Compostela, 24 millóns, e os outros 20 os poñía o Goberno central”, dixo Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza