Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Aberto o prazo de inscrición para a viaxe ás Cíes do alumnado de 4º da ESO

Oleiros, 21 de xullo de 2020-. O Concello programou unha viaxe dun día ás Illas Cíes para todo o alumando de Oleiros de 4º da ESO dos centros de ensino público. Será a última fin de semana de agosto, con todo incluído, e estará financiada integramente polo Concello, para que ningún mozo ou moza quede sen participar por cuestións económicas.

Desde hoxe e ata o 28 de xullo é posible apuntarse a través da web municipal. O único requisito para participar nesta saída é ter estado matriculado en 4º da ESO durante o curso 2019-2020 no IES María Casares, no IES Miraflores ou no IES Neira Vilas e a aceptar as normas e a programación establecida.
 
A viaxe incluirá transporte, viaxe en barco, visita guiada e comida. A data definitiva dependerá do número de participantes. Antes da excursión, haberá unha reunión informativa.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza