Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Mañá comeza o Festival Rúa Ext-cénica

Oleiros, 16 de xullo de 2020-. O Concello de Oleiros organiza esta fin de semana a cuarta edición do Festival de Artes Escénicas de Rúa, tamén coñecido como Rúa Ext-cénica.  Trátase dun festival de promoción e difusión das artes escénicas e musicais ao aire libre con espectáculos para público familiar e para adultos e entrada de balde previa recollida de invitación.

Aínda que este festival celébrase en prazas, xardíns, paseos e outros espazos públicos singulares do Concello, en atención ás indicacións e medidas de seguridade e hixiene fronte ao COVID-19, todos os espectáculos serán nos xardíns das Torres, en Santa Cruz. O aforo será limitado e será obrigatorio manter distancia de seguridade e asistir con máscara a partir dos 6 anos, así como atender a todas as indicacións e normas da organización.
 
Para acceder será preciso recoller previamente unha invitación, que se repartirán desde unha hora antes do inicio de cada espectáculo, ata completar o aforo establecido. As invitacións para os dous primeiros espectáculos do venres 17 (circo e música infantil) daranse no propio espazo a partir das 18.30 horas.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza