Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

As inundacións dos sotos e garaxes da Rúa Perdiz débense a conexións ilegais das vivendas

 Oleiros, 17 de setembro de 2021-. A causa das inundacións das vivendas da Rúa Perdiz é unha conexión ilegal á rede.

En relación coa nota de prensa aparecida o pasado 16 de setembro onde se recollían as queixas de veciñas e veciños da Rúa Perdiz (nº 5) a respecto do asolagamento dos sotos e garaxes das casas da citada rúa e onde se responsabiliza ao Concello e Oleiros dos danos ocasionados, e como queira que o publicado afecta á credibilidade da institución municipal a respecto dos servizos na contorna da propiedade antedita; requiriuse informe dos Servizos Urbanísticos Municipais e Área de Servizos Municipais sobre as causas que provocaron a situación de inundación. 
 
O informe resolve que existen redes individuais de fecais e pluviais na vivenda antedita e comprobouse que as conexións da mesma non se fixeron por separado, estando ambas redes (pluviais e fecais) conectadas a unha única rede, a rede de fecais; cando non está autorizado polo Concello este tipo de actuacións que realizan moitos propietarios e propietarias unha vez dada de alta a habitabilidade da vivenda. Esta é a causa da inundación ocorrida na Rúa Perdiz, nº 5 e por tanto a Administración Local é allea a calquera responsabilidade ao respecto, á marxe tamén de ser unha situación excepcional a  provocada polo “diluvio” a pasada xornada.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza