Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

O sábado inaugúrase a pista de patinaxe de velocidade do Concello de Oleiros

 Oleiros, 21 de outubro de 2021-. Este sábado día 23 de outubro, ás 12:00 horas, o Concello de Oleiros procederá a inaugurar a pista de patinaxe de velocidade construída nos terreos municipais de Bastiagueiro. Esta nova instalación deportiva municipal tivo un custo de 439.103,24 euros.

“Hai deportes maltratados polos medios de comunicación, que moitos concellos tamén teñen esquecidos, pero que nós si apoiamos porque hai un montón de rapaces e rapazas que os practican e porque teñen unha importancia moi grande para a formación da nosa mocidade. Ademais, no caso concreto do patinaxe de velocidade Oleiros é un referente, cun club que funciona moi moi ben, con campións a nivel estatal e europeo e, polo tanto, faise necesario dispoñer dunha infraestrutura deste estilo que non só vai permitir adestramentos senón tamén a celebración de competicións nacionais e internacionais”, comentou o alcalde Ángel García Seoane.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza