| Publicacións « Atrás
Froito dunha acción coordinada entre o Concello,deportistas e clubs, onde contamos con directivos que interpretan á perfección un xeito de ser, de pensar e de inspirar xeracións sas e con futuro, xorden deportistas entregados á persecución dunha meta: chegar, e se é posible, máis lonxe, máis alto, máis forte. A publicación que tedes nas vosas mans é unha homenaxe a todos eles polo seu esforzo, polo seu afán de superación e polo prestixio que lle dan a Oleiros e aos clubs nos que participan. E quere ser tamén un recoñecemento ao excepcional traballo que os diferentes colectivos están a levar a cabo que redunda na preparación física e incide positivamente na saúde das persoas contribuíndo á convivencia e á mellora das relacións sociais entre a cidadanía. Ángel García Seoane Alcalde de Oleiros |