Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

O Auditorio Gabriel García Márquez acolle o venres un espectáculo de danza da compañía Kirenia

A compañía Kirenia Danza presenta este venres día 23 de abril, ás 20:00 horas, o espectáculo Os coidados: primeiro a vida. A autoría, coreografía e dirección é obra de Kirenia Martínez e o equipo artístico está formado por Xoel Álvarez e Esther Latorre, con Branca Novoneyra na asistencia coreográfica.

Teatro infantil para maiores de 3 anos, este domingo na Fábrica

O domingo 25 de abril ás 12.00 h terá lugar na Fábrica a obra Aibo. Este espectáculo está recomendado para maiores de 3 anos e forma parte da programación do Apego.

Comeza a programación das Letras cun obradoiro literario con Antía Otero

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros organiza un obradoiro de creación literaria a partir da obra de Xela Arias, titulado Neste lenzo imaxinado e suxestivo. O obradoiro estará impartido pola escritora Antía Otero. O curso será os martes 27 de abril, 4, 11 e 18 de maio, de 19.00 h a 21.00 horas.

O Concello volve denunciar o retraso no inicio da obra de Sol y Mar

O Concello de Oleiros está a demandar o inmediato inicio das obras de construción dunha rotonda en superficie e un túnel inferior na N-VI ao seu paso por Perillo, na zona coñecida como Sol y Mar. Representantes municipais mantiveron unha reunión coa Demarcación de Estradas na que demandaron o inmediato inicio desta importante obra para a mellora da mobilidade do conxunto da comarca.

As casas da mocidade organizan unha charla en liña sobre sexting

O vindeiro luns 19 de abril, ás 19:00 horas, a sexóloga Jeane Costa dará unha charla en liña sobre sexting. Todas aquelas persoas interesadas poderán conectarse a través da páxina de Instagram das casas da mocidade @centrosmocidadeoleiros.

A rúa Carlos M. de Céspedes quedará cortada a partir do luns

Debido ás obras de renovación do pavimento da calzada das rúas da urbanización As Galeras, será preciso cortar o tráfico a partir do vindeiro luns 19 de abril na rúa Carlos M. de Céspedes –carril de saída-. Os veciños e veciñas terán como alternativas as rúas Abraham Lincoln, Romardeiro e María Soliña.

Concerto de Kent na Casa da mocidade das Pedras

Mañá venres, ás 20.00 horas, a banda oleirense Kent fará un concerto dentro da programación para a xuventude "Noctamboleiros" das Casas da Mocidade. Este grupo está composto por catro mozos de Oleiros que achegarán o seu repertorio de temas rock e R&B.

O drama surrealista "...e poñerán esposas ás flores", este sábado no Gabriel García Márquez

Stracciatela Teatro presenta o sábado ás 19:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a obra "...e poñerán esposas ás flores". Alejandro Carro, Andrés Mahía, Iria Lamas, Marcos Fernández e Klaus Martínez forman o elenco desta obra de Fernando Arrabal, dirixida por Javier F. Mariño.

Mozos e mozas reparten pílulas de ánimo entre o comercio local de Santa Cruz

Un grupo de mozos e mozas de Oleiros puxeron en marcha desde as casas da mocidade "Vitamina Xove", unha iniciativa mediante a que están a repartir pílulas de ánimo e apoio ao persoal dos comercios locais, supermercados e do centro de saúde de Santa Cruz. Ata o momento tivo unha moi boa acollida.

Aberto o prazo de matrícula nas escolas municipais artísticas para novo alumando

As escolas municipais de danza, música e teatro teñen aberto o prazo de matriculación para novos alumnos e alumnas ata o 20 de abril. O Concello de Oleiros oferta un total de 74 prazas para a Escola Municipal de Música, 188 para a Escola Municipal de Danza e 64 para a Escola Municipal de Teatro.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza