Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:40, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.50 na SER
 
Dende Outubro 2010

« Atrás

O Concello lembra a importancia de facer un uso racional da auga

 Oleiros, 26 de setembro de 2022-. A situación de prealerta hídrica decretado por Augas de Galicia impulsa ao Concello de Oleiros a insistir no uso racional da auga, ante a escaseza de precipitacións rexistradas ultimamente. O propio alcalde, Ángel García Seoane, fixo un chamamento nese sentido: "imos seguir facendo un bo uso da auga e ímoslles pedir aos veciños que fagan o mesmo”.

O alcalde anunciou tamén que Oleiros cortará a auga en servizos non imprescindibles, como as duchas das praias, e reduciranse os regos das zonas verdes, se ben mantense o servizo no ámbito domiciliario. Co recibo do mes, cada familia recibirá na súa casa unha carta explicándolles a situación e ofrecéndolles algúns consellos para racionalizar o consumo de auga.
 
Estes consellos comezan por interromper o enchido de piscinas e o rego no exterior, optimizando mediante técnicas de goteo para pequenos invernadoiros particulares, lavar os vehículos en centros especializados e non mediante mangueira na casa, priorizar a ducha sobre o enchido da bañeira e acortar na medida do posible a súa duración, pechar a billa durante o lavado de dentes, afeitado ou enxaboado da louza, empregar lavadoras e lavalouzas a carga completa, así como sistemas de descarga parcial no retrete ou diminuír o volume da cisterna. 
 
Tamén se recomenda non empregar o retrete como colector de residuos sólidos que deban ir ao lixo, empregar billas con sistema de difusión ou instalalos ou abrilos ao caudal mínimo que se precise, revisar periodicamente posibles fugas internas ou o correcto pechado de billas e cisternas e o lavado de froita e verdura en recipientes pechados.
 
Todas estas medidas, ademais de ser consideradas coa situación hídrica da comarca, repercutirán positivamente na factura doméstica da auga.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza