Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación » Hemeroteca
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
Dende Outubro 2010

A rúa Cascaxeira quedará cortada ao tráfico a partir de mañá

Debido ás obras de renovación da rede xeral de abastecemento de auga nas rúas Maside, Cascaxeira e Viravolta; será preciso cortar o tráfico na rúa Cascaxeira. Está previsto que este corte dure tres semanas, desde mañá mércores día 1 de decembro ata o día 23.

Silvia Salgado presenta o xoves nas Torres a súa obra Si te vuelves invierno

O teatro das Torres de Santa Cruz acolle mañá xoves día 2 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro Si te vuelves invierno de Silvia Salgado. Ademais da propia autora, na presentación participará o escritor e profesor Francisco Javier Varela Vázquez e actuará o saxofonista Jaime Faraldo.

As casas da mocidade acollen numerosas actividades no mes de decembro

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa de actividades xuvenís Noctamboleiros do mes de decembro que se desenvolve nas casas da mocidade. As actividades están dirixidas a mozos e mozas de 14 a 30 anos e son gratuítas.

A noite do martes volverase abrir o cambio de sentido na N-VI, fronte ás naves do Ministerio

Atendendo á solicitude realizada polo alcalde de Oleiros, a Delegación do Goberno en Galicia comunicou que desde a noite de mañá martes estará permitido de novo o xiro fronte ás naves do Ministerio de Transporte, na N-VI en Perillo. Este xiro atopábase pechado polas obras do túnel de Sol y Mar e causaba importantes molestias aos veciños e veciñas de Beiramar e Agramar.

O alcalde traslada os problemas dos veciños e veciñas de Agramar e Beiramar aos responsables da obra de Sol y Mar

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, e o concelleiro de Obras Públicas, Antonio Molinos, reuníronse esta mañá coa subdelegada do Goberno, María Rivas, e co xefe de Estradas do Estado, Ángel González, para comunicarlles os importantes problemas que están a sufrir os veciños e veciñas que viven nas proximidades da obra de Sol y Mar.

O Concello inviste os cartos da cea de nadal nun proxecto de cooperación coa illa da Palma

O Concello de Oleiros vai destinar os 10.000 euros previstos para a cea de nadal do persoal municipal a un proxecto de cooperación na zona máis afectada pola erupción volcánica da illa da Palma. O Goberno municipal está en contacto cos concellos máis danados polo volcán, na procura dun proxecto concreto no que investir eses cartos.

Reapertura da mostra Ensamble Isaac no Castelo de Santa Cruz

Finalizadas as obras de mellora e da restauración do artesanado no Castelo de Santa Cruz, o Concello de Oleiros volve abrir as portas da mostra Ensamble Isaac. Trátase dunha exposición permanente sobre a figura do polifacético artista galego Isaac Díaz Pardo.

O pleno aproba unha declaración institucional contra a violencia de xénero

O pleno municipal aprobou unha declaración institucional en contra da violencia de xénero. Todos os grupos políticos apoiaron o texto no que se denuncia que a violencia de xénero é unha das máis graves violacións dos dereitos humanos, que condiciona e devasta a vida de mulleres de Oleiros e de todo o mundo, totalmente incompatible cunha sociedade democrática.

O domingo proxéctase nas Torres a película Mientras dure la guerra

A proxección de Mientras dure la guerra está programada para as 19:30 horas do vindeiro domingo día 28 de novembro, no teatro das Torres de Santa Cruz. A entrada terá un custo de 2,50 euros.

O grupo estable de teatro do Concello actúa o sábado no Gabriel García Márquez de Mera

O grupo estable de teatro do Concello de Oleiros presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera Planeta X.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza