Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Algunhas persoas con diversidade funcional si poden saír das súas vivendas por motivos terapéuticos

Oleiros, 31 de marzo de 2020-. O Ministerio de Sanidade permite ás persoas con diversidade funcional saír do seu domicilio por “motivos terapéuticos”, nos casos nos que non poden soportar confinamentos indefinidos. Están habilitadas as persoas que teñan alteracións de conduta, coma por exemplo con diagnóstico de espectro autista ou de condutas disruptivas.

É imprescindible que poidan contar coa posibilidade de saír a rúa ou a pasear en coche durante breves períodos de tempo, debido ao efecto terapéutico que teñen estas saídas. Só poden realizarse de maneira excepcional, durante o tempo imprescindible, unicamente acompañados dunha persoa de apoio, sen poder entrar en contacto con outras persoas e coa documentación acreditativa da situación por se fose requirida polos axentes da autoridade.

Desde o Concello de Oleiros seguiremos a fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional desde valores coma a liberdade, a dignidade e o respecto, sen necesidade de distintivos, nin etiquetas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza