Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

« Atrás

Todos os sábados de verán haberá música na rúa en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera

O programa Música na rúa regresa un ano máis ás localidades máis turísticas de Oleiros. O Concello segue a promover o lecer e o turismo, neste caso, a través da animación musical das terrazas dos establecementos hostaleiros situados en Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

Concerto do dúo TéCanela, o venres na Fábrica

Este venres o dúo TéCanela ofrece un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 21:00 horas. Rumba, ironía, diversión e a voz espectacular de Ariadna Rubio farán deste concerto unha cita que quedará na memoria.

O Fondo Galego aproba un plan centrado na Axenda 2030 e na cooperación internacional

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, no que participa o Concello de Oleiros, aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 na Asemblea Xeral celebrada esta mañá. As e os asistentes déronlle tamén luz verde ao Plan de Actividades 2020, que houbo de adaptarse ao novo contexto xerado pola pandemia, tanto para as accións en Galicia como nos países do Sur.

As bibliotecas están abertas sen cita previa para préstamos e devolucións

As bibliotecas municipais de Oleiros están abertas desde o pasado luns 11 de maio para préstamo e devolución de fondos bibliográficos. Para lecturas e consultas en sala, acceso á hemeroteca, salas infantís e xuvenís e uso dos equipos informáticos o aforo está limitado, co fin de garantir a distancia de seguridade.

Obradoiro de olería no Museo Os Oleiros

Obradoiro de olería no Museo Os Oleiros

O Museo Os Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para un novo obradoiro de olería gratuíto no que as persoas que participen aprenderán a facer diversas pezas de barro. A actividade vai dirixida a todos os públicos, ten unha duración de seis xornadas (os días 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de xullo) e non é preciso ter coñecementos previos.

O pleno aproba a ordenanza municipal de talas forestais, plantación, conservación e fomento de especies autóctonas

O pleno do Concello de Oleiros aprobou inicialmente a Ordenanza municipal reguladora de plantación e tala de masas forestais, conservación e fomento das especies autóctonas. Con esta nova normativa o Goberno municipal pretende asegurar a preservación do entorno, da paisaxe, dos bens municipais, da seguridade viaria e a prevención dos incendios forestais.

O xoves abre o prazo de preinscrición nas actividades infantís e xuvenís de verán

Entre os días 25 e 28 de xuño estará aberto o prazo de preinscrición nas actividades de verán infantís e xuvenís que organiza o Concello de Oleiros. A solicitude realizarase exclusivamente na web municipal, accedendo á sede electrónica.

Os centros de lecer de Santa Cruz e As Pedras abrirán despois do verán

O Concello de Oleiros sacou a contratación o servizo de información e dinamización xuvenil para os dous centros de lecer do municipio. O investimento será de 210.000 euros para dous anos e inclúe actividades, equipamentos e monitorado para estes dous espazos.

As actividades e campamentos de verán infantís e xuvenís do Concello comezarán o 13 de xullo

Nos vindeiros días o Concello de Oleiros comunicará a través da páxina web e dos demais medios de comunicación municipais toda a información relativa ás actividades de verán infantís e xuvenís. Ofertarase unha ampla programación de actividades deportivas, educativas e culturais.

Esta semana abre a Oficina de Turismo de Santa Cristina e a Aula do Mar de Mera

O Concello de Oleiros procede á reapertura da Oficina de Información Turística de Santa Cristina e da Aula do Mar de Mera. Ademais de máscara obrigatoria, a capacidade estará limitada a unha persoa no punto de información de Santa Cristina e a seis persoas na Aula do Mar.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza