Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Comunicación
Portada » Comunicación
   
Twitter

Non o podes perder

Os luns ás 13:20, o Alcalde na COPE, e os martes ás 12.55 na SER
 
NOVAS

O Concello de Oleiros concede 270.000 euros en subvencións a 61 entidades do municipio

O Concello aprobou a concesión das subvencións solicitadas polas distintas entidades, asociacións e clubs do municipio sen ánimo de lucro, atendendo ás normas de concorrencia competitiva determinadas nas bases da convocatoria. En total repártense 271.648,40 euros entre 61 entidades. As ANPA e os centros de ensino público reciben, practicamente, a metade das axudas.

Aberto o prazo de inscrición para os obradoiros municipais de olería

O Concello de Oleiros ten aberto o prazo de inscrición para os obradoiros de Olería infantil e xuvenil dirixidos a nenos/as e á mocidade, que terán lugar no Alfar das Torres de Santa Cruz os sábados en horario de mañá a partir do mes de febreiro. Tamén está aberto o prazo de inscrición para os Obradoiros de Olería para maiores de idade, tanto para o grupo de iniciación como para o de continuidade, e que se desenvolverán os luns e os martes polas tardes neste mesmo espazo.

A Big Band da Escola Municipal de Música actúa o sábado na Fábrica

O día vindeiro sábado 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, a Big Band da Escola Municipal de Música de Oleiros ofrecerá un concerto na Fábrica. Esta actuación estaba prevista para o pasado 21 de decembro, pero foi suspendida debido ao temporal.

O Concello de Oleiros concede 36.500 euros en subvencións para o alumnado que usa o comedor escolar e facilitar a conciliación

O Concello de Oleiros concedeu subvencións municipais destinadas aos alumnos e alumnas dos centros de ensino público que utilizan os comedores escolares xestionados polas ANPA. En total repartiranse 36.500 euros entre 69 nenas e nenos, en función da renda per cápita de cada familia.

O Concello adxudica por 900.000 euros a primeira fase do novo campo de fútbol municipal de Mera

A construción do campo de fútbol municipal de Mera foi adxudicado por importe de 897.770 euros. As obras darán comezo tan pronto como rematen os trámites administrativos estipulados por lei.

O Concello programa 8 excursións para coñecer a natureza galega

O Concello de Oleiros retoma nas vindeiras semanas os programas de actividades "A Cultura da Natureza, Andares por Galicia" e "Oleiros vai de museo". Trátase de saídas, visitas e rutas culturais por Galicia co fin de dar a coñecer, protexer e revalorizar a natureza, a contorna e os museos galegos coma patrimonio cultural.

O alcalde demanda á Deputación que actúe contra Fenosa por ter paralizada a obra da estrada da Besta

A obra de ampliación de estrada da Besta, que conecta o centro de Mera coa vía Ártabra, e que comezou hai máis de 9 meses, atópase paralizada debido a que Fenosa non realiza o traslado duns postes que costea a Deputación da Coruña. Ante esta situación, o alcalde vai demandar á Deputación que se dirixa inmediatamente ao Ministerio de Industria para acabar con esta inadmisible actuación por parte desta compañía privada, que ten paralizada unha importante obra pública.

O Concello lembra a obrigatoriedade de indicar a hora de estacionamento nas zonas laranxas

Para garantir un axeitado uso das zonas de estacionamento comercial limitado gratuíto, todos os vehículos deben indicar a súa hora de chegada. As persoas usuarias deben colocar calquera elemento ou papel xunto ao parabrisas do vehículo no que apareza a hora de estacionamento.

Sae a contratación a obra do túnel e da glorieta en Sol y Mar por 12,5 millóns de euros

Despois de anos de loita do Concello de Oleiros para lograr que o Ministerio de Fomento realizara a obra de mellora do cruce de Sol y Mar, na N-VI ao seu paso por Perillo, hoxe publicouse no Boletín Oficial do Estado o anuncio de licitación desta obra. O importe ascende a 12,5 millóns de euros e o prazo de execución é de 34 meses.

O Ministerio de Facenda sube un 3% o valor catastral dos bens inmobles de Oleiros

A Facenda do Estado vai incrementar o valor catastral das propiedades en Oleiros. A repercusión nos recibos do IBI estará entre os 4 e os 12 euros anuais, en función do tipo de vivenda. O Concello segue mantendo o mesmo tipo no IBI, o 0,605%.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza