Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Servizos sociais  
Portada » O Concello » Concellería de Servizos Sociais e Igualdade » Servizos Sociais
   

NOVAS

     

¿¡Atención! Te indicamos como obter o certificado para acreditar condicións subxetivas de acceso a axudas/moratorias de aluguer e hipotecas

  ¿ ACCEDE A SEDE ELECTRÓNICA: https://sede.sepe.gob.es/contenidosSede/generico.do... ¿ SELECCIONA "OBTEÑA UN CERTIFICADO SOBRE A SÚA PRESTACIÓN" ¿ PODES FACELO...

RETRINCOS DE CORES

  O Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia elabora o caderno    RETRINCOS DE CORES      ...

O LUNS ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NUNS OBRADOIROS DE DISCIPLINA POSITIVA DIRIXIDO ÁS FAMILIAS DE OLEIROS

O luns 24 de setembro ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de Disciplina Positiva dirixidos ás familias de Oleiros con menores entre 0 e 12 anos de idade organizados pola concellería de Servizos Sociais. Estes obradoiros están baseados nos principios da Disciplina Positiva, que desterran os métodos de condicionamento da conduta (castigos e premios) e dan as claves para ensinar ás nenas e aos nenos a desenvolver as súas propias habilidades en base ás súas decisións, guiadas/os sempre pola supervisión da persoa adulta. Trátase de que pensen por si mesmos e axudalos a ir construíndo o seu propio criterio, favorecendo a convivencia e creando un clima agradable e de confianza na familia. Cada un dos obradoiro terá unha duración de 16 horas, en 8 sesións de 2 horas cada unha. Serán en horario de tarde, ao longo do mes de outubro e desenvolveranse na Casa de Cultura de Perillo os seguintes días: ¿ Obradoiro 1 (familias con menores de 0-6 anos de idade): luns e mércores, 1, 3, 8, 10, 15, 17, 22 e 24 de outubro. ¿ Obradoiro 2 (familias con menores de 7-12 anos de idade): martes e xoves, 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23 e 25 de outubro. As inscricións serán a través da web municipal www.oleiros.org, na sede electrónica, no apartado cidadáns e empresas, en trámites on line, a partir das 10:00 h do luns 24 de setembro e ata o xoves 27 de setembro ás 23:00 h. As prazas adxudicaranse por orde de inscrición. O número de prazas por obradoiro é de 20 persoas.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza