Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

« Atrás

Moción aprobada no pleno municipal contra a penalización do aborto en El Salvador

 Exposición de Motivos:

A penalización absoluta do aborto na República de El Salvador, sen excepcións, provoca situacións non só contrarias aos dereitos reprodutivos e á liberdade das mulleres senón mesmo de abuso na persecución penal da que non se libran nin sequera moitas mulleres que sofren abortos espontáneos. A dureza con que se castigan moitos destes abortos, baixo a cualificación de homicidios agravados, fai que moitas das mulleres que pasan por este trance reciban condenas de prisión de entre 30 e 50 anos, penas practicamente inéditas no dereito comparado.
Estes estremos, entre outros, foron postos de manifesto na sentenza do pasado día 2 de novembro do Tribunal Interamericano dos Dereitos Humanos no que titula como “Caso Manuela y otros frente a El Salvador”. A sentenza relata como Manuela, unha muller sen recursos e analfabeta dunha zona rural do país que padecía dun linfoma de Hodgkins non diagnosticado, que ingresou o 27 de febreiro de 2008 no hospital por unha urxencia obstétrica, despois de perder o fillo que estaba xestando, foi denunciada pola médica que a atendeu por un posible aborto; Manuela, foi detida no mesmo hospital e ingresada en prisión. 
Posteriormente foi enxuizada e condenada a 30 anos de prisión. Finalmente Manuela faleceu o 30 de abril de 2010 despois de permanecer algo máis de dous anos en prisión durante os que non recibiu sequera, segundo a sentenza do tribunal internacional, os coidados médicos que lle foran prescritos para frear o seu carcinoma linfático. Así na citada sentenza se relata como non só non foi debidamente atendida cando acudiu a urxencias e que non foi sometida a exame médico ningún nin na súa detención nin no ingreso en prisión senón que tampouco “consta que se le haya realizado algún examen médico a Manuela entre marzo de 2008 y febrero de 2009, pese a los bultos que tenía en el cuello, y a que entre noviembre de 2008 y febrero de 2009 Manuela perdió más de 13 kgr. de peso y padeció de fiebre alta e ictericia. 
Adicionalmente, la Corte consideró que el tratamiento brindado por el Estado para el linfoma de Hodgkin con esclerosis nodular diagnosticado a Manuela en el 2009 fue irregular. En particular, se observa que: 1º) no fue llevada a la cita para recibir quimioterapia pautada para el 2 de abril de 2009 sino hasta el 22 de abril, y en ese tiempo aumentó su tumoración; 2º) en enero de 2010 se desfasó un mes el tratamiento, y 3º) tras recibir quimioterapia el 6 de noviembre de 2009 y el 14 de enero de 2010, no fue llevada a los controles posteriores”.
O caso de “Manuela” non é un caso único na xurisprudencia recente da República de El Salvador. A propia sentenza de referencia afirma: “La Corte advirtió que la mayoría de las mujeres procesadas por estos hechos tienen escasos o nulos ingresos económicos, provienen de zonas rurales o urbanas marginales y tienen baja escolaridad. Además, es frecuente que las denuncias sean presentadas por el personal médico de la institución de salud donde estaba siendo atendida la mujer”. Unha denuncia que veñen reiterando as organizacións de dereitos humanos daquel país.
Á vista de todos os feitos descritos a sentenza considera que El Salvador conculcou os dereitos fundamentais contidos ata en 5 artigos da Convención Americana (Dereitos á liberdade persoal e a presunción de inocencia; Dereito ás garantías xudiciais, a integridade persoal e a igualdade diante da lei; Dereitos á vida, a integridade persoal e á vida privada; e o Dereito á integridade persoal dos familiares.
Por todo iso o Tribunal Interamericano de Derechos Humanos condenou o Estado de El Salvador a:
- A publicación da sentenza e o seu resumen oficial.
- Realizar un acto público de recoñecemento de responsabilidade internacional
- Outorgar becas de estudo ao fillo menor y ao fillo maior de Manuela.
- Brindar gratuitamente, e de forma inmediata, oportuna, adecuada e efectiva, tratamento médico, psicolóxico e psiquiátrico aos pais de Manuela.
- Regular a obriga de manter o secreto profesional médico e a confidencialidade da historia clínica.
- Desenvolver un protocolo de actuación para a atención de mulleres que requiran atención médica de urxencia por emerxencias obstétricas;
- Adecuar a súa regulación relativa á prisión preventiva.
- Deseñar e implementar un curso de capacitación e sensibilización a funcionarios xudiciais e ao persoal de saúde .
- Adecuar a súa regulación relativa á dosimetría da pena de infanticidio.
- Deseñar e implementar un programa de educación sexual e reprodutiva.
- Tomar as medidas necesarias para garantir a atención integral en casos de emerxencias obstétricas;
- Pagar indemnizacións por concepto de dano material e inmaterial.
Por todo o exposto o goberno municipal de Alternativa dos Veciños propón ao pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
Primeiro.- Mostrar a súa solidariedade coas mulleres que sofren en El Salvador situacións análogas a aquelas que condena a CIDH na súa sentenza de 2 de novembro de 2021
Segundo.- Instar ao goberno de España a que conmine ás autoridades salvadoreñas a aplicar os extremos da sentenza que implican cambios normativos e estruturais para adecuarse as esixencias do Convenio Americano de Dereitos.
Terceiro.- Instar as autoridades salvadoreñas e nomeadamente, ó Presidente da República, Nayb Bukele, a adoptar as medidas precisas para dar o máximo cumprimento á sentenza da Corte Interamericana de Derechos Humanos.
Cuarto.- Dar traslado deste acordo a Embaixador da República de El Salvador en España e á Secretaría de Estado para Iberoamérica y el Caribe y el Español en el Mundo, do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea y Cooperación do Goberno de España.

Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza