Concello de Oleiros

Concello de Oleiros

Portada » O Concello » Concellería de Participación Cidadá, Cooperación e Recursos Humanos
   
NOVAS

« Atrás

O pleno aproba unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya

O Goberno municipal aprobou no pleno da corporación unha moción en defensa da vida de Sultana Jaya que xunto coa súa familia está sendo sometida a malos tratos físicos e psicolóxicos polas súas reivindicacións pacíficas a prol dea autodeterminación e independencia do pobo saharauí.

Sultana Jaya é unha das caras máis visibles das zonas ocupadas do Sáhara Occidental que reivindica de forma pacífica a autodeterminación e independencia do pobo saharauí ante a ocupación marroquí. Na moción, o Goberno municipal empraza á ONU para que actúen con urxencia e protexan a vida da activista saharauí Sultana Jaya e a da súa familia, que viven asediados, illados e confinados polas forzas de ocupación marroquí, ademais solicítase ao goberno do Estado que se responsabilice como potencia administradora e garanta a protección de Jaya e familia esixindo ao goberno marroquí o respecto ao Dereito Internacional Humanitario e se envíe de forma urxente unha comisión médica internacional á cidade de Bojador para asistir e atender a Sultana Jaya e á súa familia ante a violación dos dereitos humanos acometida, esíxese tamén ao Consello de Seguridade da ONU que poña os medios necesarios para a celebración dun referendo de autodeterminación do pobo saharauí e dar traslado da moción á Federación Estatal de Institucións Solidarias co Pobo Saharaui (FEDISSAH), á Asociación Galega co Pobo Saharauí, ao Ministerio de Asuntos Exteriores e ao Presidente do Goberno do estado.
 
Entidades financiadoras
Goberno de España Comunidade Económica Europea Plan Avanza