É importante saber a que administración pertence a rúa na que vivimos, xa que as obras e o mantemento en boas condicións corresponde executalas ó organismo propietario da rúa ou avenida.
Todos, a administración incluída, temos a obriga de demandar das administracións competentes os arranxos necesarios para vivir nun entorno de maior calidade e seguridade.
Ministerio de Fomento:
As vías AC-12 e N-VI (Avda.das Mariñas) e a autoestrada AP-9.
Xunta de Galicia:
Deputación de A Coruña:
Actualmente, ante a pasividade dos organismos implicados, o Goberno Municipal aborda directamente a construción de plataformas peonís e beirarrúas en varios tramos destas vías, porque a seguridade dos veciños está por enriba de calquera outra consideración.
Existe a aspiración de contar con carrís-bici en boa parte dos tramos que unen núcleos poboados.