O alumnado e o profesorado das Escolas municipais de Música e de Danza porán en escea durante os días 14 e 20 de decemebro no auditorio GGM de Mera, e o 21 de decembro no auditorio da Fábrica os seus respectivos espectáculos como mostra final deste primeiro trimestre.
Preinscricións do 11 ao 20 de decembro, preferentemente na sede electrónica do Concello de Oleiros. En trámites online para cidadáns e empresas.
Proposta de concesión, denegación ou desestimación de axudas para para asistencia aos comedores escolares durante o curso escolar 2019/2020.
A Concellería de Ensino e Xuventude organiza campamentos escolares para as datas de 23, 24,26 e 27 de decembro en horario de 9 a 14 h. Estes campamentos terán as súas sedes nos CEIPs Isidro Parga Pondal, A Rabadeira e Valle-Inclán. O prazo para preinscrbirse será do 18 ao 22 de novembro.
No Centro Municipal de Artes Escénicas, a Escola de Teatro ten prazas dispoñibles para o alumnado que desexe cursar os niveis de iniciación, básico, medio ou avanzado. Para a tramitación da preinscrición e + info podes diríxirte a: Centro Municipal de Artes Escénicas. Avda/ Valle- Inclán, 24. Perillo. Oleiros. Tfno 981 63 96 88.