Os proxectos de cooperación internacional, a “localización” da Axenda 2030 e a loita contra o cambio climático centran o Plan de Actividades 2022 do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que conmemora este ano o seu 25º aniversario. O Concello de Oleiros, xunto coas deputacións e todos os concellos socios, aprobaron por unanimidade todos os puntos da orde do día na Asemblea Xeral celebrada esta mañá na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, coincidindo co Día Mundial da Saúde.