O carné é válido para todas as bibliotecas de Oleiros e obtense de xeito totalmente gratuíto.
É imprescindible dispoñer del para utilizar os servizos de préstamo e os ordenadores das bibliotecas, así como para participar en determinadas actividades como as tertulias literarias para mozos/as e persoas adultas.
Pode solicitarse en calquera das bibliotecas: só hai que cubrir un impreso que proporcionan en cada unha delas ou que se pode descargar da nosa web e entregalo xunto cunha fotocopia do DNI, NIE, ou pasaporte.
Para os/as menores de idade precísase a autorización do pai, nai ou titor/a legal do/da menor.
Descargar o impreso: Anverso (PDF - 1,414.9 KB) - Reverso (PDF - 1,179.0 KB)