As bibliotecas están abertas a todos os públicos e todos os servizos son gratuítos, agás as copias obtidas mediante fotocopia que só se realizan na Biblioteca Central Rialeda.
Os libros, revistas, dvd, cd, cd-rom están situados en andeis de acceso directo, nas diferentes salas e poden consultarse sen necesidade de ter carné de usuario/a.
É imprescindible o carné para utilizar os servizos de préstamo e usar os ordenadores das bibliotecas, así como para participar en determinadas actividades como as Tertulias literarias para mozos/as e adultos/as.
Para asistir a outras actividades como a Hora do conto, presentación de libros, charlas, recitais poéticos, conferencias, etc., non é necesario ter carné de socio/a. Se para algunha delas houbera prazas limitadas abriríase un período de inscrición ou solicitaríase a retirada dunha invitación.
Como usuarios/as das bibliotecas hai unhas sinxelas normas de comportamento:
Se se desexa levar libros, dvd, cd, cd-rom para a casa é preciso ter o carné de socio/a dalgunha das bibliotecas de Oleiros. O carné realizado nunha das bibliotecas é válido para todas elas. Os fondos bibliográficos que se desexen, poden buscarse no catálogo, retiralos dos andeis e achegalos ao mostrador de préstamo. Pódese realizar a renovación destes materiais antes ou na mesma data de vencemento, nunca despois.
Aqueles fondos bibliográficos que estean reservados non se poderán renovar.
Existen unha serie de fondos que non se poden levar en préstamo para a casa: enciclopedias, dicionarios, atlas, obras de consulta frecuente, aqueles que polas súas características especiais están excluídas do préstamo, etc. Este tipo de obras pódense consultar nas salas de lectura das bibliotecas.
Se tes interese nun libro, disco, película ou calquera outro material que non teñamos nas bibliotecas, podes solicitar a súa adquisición mediante una suxestión de compra.
Comprobarase que non hai ese libro, CD o DVD. Estudarase a petición, pero débese ter en conta que as bibliotecas teñen unha política de adquisicións que descarta obras demasiado específicas, aquelas cuxa compra non está xustificada polo seu alto custo ou, en xeral, as que carecen dun criterio mínimo de calidade.